Ir o contido principal
Desafios Jovens

Aberto o prazo de inscricións para a 2ª edición do curso de inglés laboral (nivel básico e intermedio)

Aberto o prazo de inscricións para a 2ª edición do curso de inglés laboral (nivel básico e intermedio).

A Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca a segunda edición dos Cursos de nivel básico e de nivel intermedio de inglés laboral no marco do proxecto 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E.

O programa 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E é un proxecto transfronteirizo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que nace co obxectivo de promover a inserción laboral dende a inclusividade e a perspectiva de xénero, priorizando persoas mozas e mulleres do rural e dinamizando o mercado laboral transfronteirizo.

Máis información e inscrición

Comments