Skip to main content
texto

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros e material escolar en Ramirás (curso 2025-2026)

O Concello de Ramirás vén de abrir o prazo de solicitude das subvencións dirixidas a apoiar ás familias do alumnado matriculado en centros públicos de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria para o curso 2025-2026.

Estas axudas están destinadas á adquisición de libros e material escolar, cun orzamento total de 3.000 euros. As contías variarán en función da renda per cápita familiar, podendo acadar un máximo de 150 euros en Infantil e de 80 euros en Primaria e Secundaria.

Quen pode solicitar as axudas?
As familias con alumnado matriculado no CEIP de Ramirás (Infantil e Primaria) e no IES de Celanova-Celso Emilio Ferreiro (Secundaria), sempre que cumpran os requisitos establecidos, entre eles: estar empadroados en Ramirás, cumprir os límites de renda e estar ao corrente das obrigas tributarias municipais.

Prazo e presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ramirás ou polas vías previstas na Lei 39/2015, no prazo de 30 días naturais a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 855176).

Comments