Skip to main content
empleo

Feira de emprego EURES online: “MAKE IT IN GERMANY 2025”

Buscas novas oportunidades profesionais en Alemaña?
Se estás en procura activa de emprego ou simplemente queres explorar o mercado laboral europeo, non perdas esta feira virtual de emprego organizada pola rede EURES.

“MAKE IT IN GERMANY 2025” é un evento en liña que conecta empresas e persoas candidatas nun espazo dinámico e interactivo, ofrecendo:

  • Webinarios informativos sobre vivir e traballar en Alemaña.

  • Ofertas reais de emprego en distintos sectores.

  • Chats directos con conselleiras e conselleiros EURES.

Rexistro gratuíto: European Job Days

Comments