Feira de emprego EURES online: “MAKE IT IN GERMANY 2025”
Buscas novas oportunidades profesionais en Alemaña?
Se estás en procura activa de emprego ou simplemente queres explorar o mercado laboral europeo, non perdas esta feira virtual de emprego organizada pola rede EURES.
“MAKE IT IN GERMANY 2025” é un evento en liña que conecta empresas e persoas candidatas nun espazo dinámico e interactivo, ofrecendo:
-
Webinarios informativos sobre vivir e traballar en Alemaña.
-
Ofertas reais de emprego en distintos sectores.
-
Chats directos con conselleiras e conselleiros EURES.
Rexistro gratuíto: European Job Days




Comments