Skip to main content
AXUFOREMXG25

A Xunta convoca bolsas e axudas para persoas desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego

Estas axudas, que se concederán en réxime de concesión directa, teñen como obxectivo facilitar a participación e continuidade do alumnado desempregado nas accións formativas financiadas pola Xunta de Galicia. A convocatoria abrangue as formacións que se desenvolvan entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026.

As persoas beneficiarias poderán solicitar diferentes tipos de bolsas e axudas, entre as que se inclúen:

  • Bolsas de asistencia para persoas con discapacidade, integrantes de familias numerosas ou monoparentais, e vítimas de violencia de xénero.

  • Axudas complementarias para transporte, manutención, aloxamento ou conciliación familiar.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia , no prazo dun mes desde a incorporación á acción formativa.

Esta medida forma parte do compromiso da Xunta de Galicia coa formación e cualificación das persoas mozas e adultas desempregadas, co fin de mellorar as súas oportunidades de inserción laboral e fomentar un mercado de traballo máis inclusivo e sostible.

Máis información e formulario de solicitude:

https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/formacion-emprego/bolsas

 Teléfono de información: 012

Comments