Skip to main content
material escolar

Axudas a estudantes do Concello de Quiroga para o curso 2025/2026

Estas axudas teñen como obxectivo apoiar economicamente ao alumnado do municipio que curse estudos universitarios, de formación profesional, máster ou educación especial fóra do termo municipal.

As axudas destínanse a cubrir gastos derivados dos estudos, tales como:

  • Adquisición de libros de texto.

  • Matrícula de inscrición.

  • Gastos de transporte.

  • Gastos de vivenda.

Non se subvencionarán investimentos nin gastos bancarios ou impostos recuperables.

Persoas destinatarias e requisitos

Poderán ser beneficiarias as persoas estudantes que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar empadroadas no Concello de Quiroga.

  • Ser economicamente dependentes (menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar e non conten con ingresos propios).

  • Cumprir coas condicións establecidas nas leis de subvencións estatais e autonómicas.

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán ir dirixidas ao alcalde e presentarse no modelo normalizado dispoñible na sede electrónica.

Documentación necesaria

Entre outros documentos, será preciso achegar:

  • DNI da persoa solicitante.

  • Xustificante de matrícula ou resgardo de pagamento.

  • Facturas de libros, transporte e vivenda (se procede).

  • Certificado bancario co número de conta.

  • Declaración responsable de cumprimento de obrigas tributarias.

  • Autorización ao Concello para realizar comprobacións (Anexo II).

Contía das axudas

As axudas distribuiranse proporcionalmente segundo os gastos xustificados, incluíndo matrícula, material escolar, transporte e vivenda.

Máis información

Toda a información e o modelo de solicitude están dispoñibles na Sede electrónica do Concello de Quiroga

ou no correo electrónico: concello.quiroga@eidolocal.es

Comments