Skip to main content

Convocatoria para a selección dun/unha técnico/a ou informador/a de turismo no Concello de Cospeito

Requisitos: 

As persoas interesadas deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún Estado membro da Unión Europea.

  • Estar en situación de desemprego ou mellora de emprego, segundo o Programa de Reforzo do Emprego da Deputación de Lugo.

  • Ter cumpridos 16 anos e non superar a idade de xubilación.

  • Non estar inhabilitado/a nin separado/a do servizo público.

  • Posuír algunha das seguintes titulacións:

    • Grao ou diplomatura en Turismo.

    • Técnico/a superior en Información e Comercialización Turística.

    • Técnico/a superior en Guía, Información e Asistencia Turística.

    • Técnico/a en Empresas e Actividades Turísticas.

    • Certificado de Profesionalidade en Promoción Turística Local e Información ao Visitante.

  • Acreditar o coñecemento da lingua galega mediante título CELGA 4 ou superar unha proba específica.

  • Dispoñer do permiso de conducir tipo B.

Solicitudes: 

As solicitudes deberán presentarse no modelo oficial recollido nas bases e dirixirse ao Sr. Alcalde do Concello de Cospeito.
Poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello

Prazo: 

O prazo de presentación será de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP nº 252, do 3 de novembro de 2025).

Máis información: 

As bases completas da convocatoria poden consultarse:

Comments