Convocatoria para a selección dun/unha técnico/a ou informador/a de turismo no Concello de Cospeito
Requisitos:
As persoas interesadas deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
-
Ter nacionalidade española ou dalgún Estado membro da Unión Europea.
-
Estar en situación de desemprego ou mellora de emprego, segundo o Programa de Reforzo do Emprego da Deputación de Lugo.
-
Ter cumpridos 16 anos e non superar a idade de xubilación.
-
Non estar inhabilitado/a nin separado/a do servizo público.
-
Posuír algunha das seguintes titulacións:
-
Grao ou diplomatura en Turismo.
-
Técnico/a superior en Información e Comercialización Turística.
-
Técnico/a superior en Guía, Información e Asistencia Turística.
-
Técnico/a en Empresas e Actividades Turísticas.
-
Certificado de Profesionalidade en Promoción Turística Local e Información ao Visitante.
-
-
Acreditar o coñecemento da lingua galega mediante título CELGA 4 ou superar unha proba específica.
-
Dispoñer do permiso de conducir tipo B.
Solicitudes:
As solicitudes deberán presentarse no modelo oficial recollido nas bases e dirixirse ao Sr. Alcalde do Concello de Cospeito.
Poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello
Prazo:
O prazo de presentación será de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP nº 252, do 3 de novembro de 2025).
Máis información:
As bases completas da convocatoria poden consultarse:
-
Na páxina web da Deputación de Lugo.
-
Na sede electrónica e web do Concello de Cospeito.




Comments