Skip to main content
COXUIESCAALVI256

Correspondentes Xuvenís IES Castro Alobre

O Equipo de Correspondentes do IES Castro Alobre iniciou este curso cunha actividade moi especial vencellada a un dos medios máis emblemáticos da comunicación: a radio.

Este ano, o Equipo de Correspondentes apostan por facer da radio en "Non Calamos. Radio Castro" (https://sites.google.com/view/biblioradiocastro/2025-2026) a súa canle principal de expresión.

A través dela, achegarán aos seus compañeiros e compañeiras información relevante, actual e diversa.

A radio non só transmite sons; transmite ideas, emocións e realidades. É un espazo onde todas as voces contan, onde se pode falar, escoitar e aprender. Nun mundo onde a información é poder, a radio convértese nun instrumento democratizador que permite que ese poder sexa partillado.

Por iso, "Non Calamos. Radio Castro" non é só un lema: é unha declaración de intencións, porque cando falamos, informamos, e cando informamos, construímos igualdade.

Máis información:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iescastroalobrevilagarcia/

 

Comments