Desafíos Jovens - Maratón Creativo Muller | Rural | Futuro
Tes entre 18 e 30 anos e queres contribuír a transformar o rural? Do 20 ao 22 de novembro, participa nunha fin de semana de creatividade, innovación e convivencia na que as túas ideas poden converterse en solucións reais para mellorar as oportunidades das mulleres no rural galego.
Forma o teu equipo, descubre retos e crea propostas sobre emprendemento feminino, igualdade, conciliación, dixitalización ou novas oportunidades no territorio. Contarás con acompañamento especializado para desenvolver a túa idea e presentar o resultado ao rematar o encontro. Ademais, gozarás de obradoiros prácticos, actividades deportivas e momentos de lecer para coñecer outras persoas e compartir experiencias.
Vivirás esta experiencia nunha das tres sedes conectadas: o Albergue Xuvenil Marina Española (A Coruña), o Complexo Residencial Lug2 (Lugo) ou o Albergue Xuvenil As Sinas (Pontevedra).
Terás incluídos o aloxamento, a manutención, os materiais, as actividades e o servizo de autobús desde diferentes puntos de Galicia. Esperámoste o venres 20 de novembro a partir das 19:30 h. A actividade rematará o domingo 22 ás 16:30 h.
Unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude no marco do programa Desafíos Jovens.
Un reto. Un equipo. Unha solución. Aquí empeza algo grande!




Comments