Skip to main content
ECOSOLVI25

Eco de Sol

O Concello de Vimianzo organiza unhas xornadas culturais  "Eco de Sol", un proxecto da compañía costeira aAntena, recoñecido pola Deputación da Coruña como Proxecto Cultural Singular 2025, que achegará ao concello soneirán novas accións sobre memoria, progreso e xustiza territorial.

O programa desenvolverase entre o 7 e o 30 de novembro, e o concello de Vimianzo acollerá parte da programación de "Eco de Sol". Trátase dun programa interdisciplinar que cruza teatro, pensamento crítico, saberes tradicionais e participación cidadá para reflexionar sobre a identidade e a transformación do territorio galego.

A programación comezou o venres 7 de novembro, coa inauguración da exposición “Prestige: 20 anos”, que poderá visitarse na Casa da Cultura de Vimianzo ata fin de mes.

A segunda actividade será o Vieiro de Etnomedicina, unha acción de campo guiada pola farmacéutica e investigadora María Moure, o luns 10 de novembro ás 17:00 h, na Escola Unitaria de Carnés.
A través dun percorrido sensorial e oral, recuperarase o coñecemento tradicional sobre as plantas, os usos curativos e a sabedoría ancestral vencellada á terra.

Máis información:
www.concellodevimianzo.gal

 

Comments