Mo(ve)mentos
A exposición Mo(ve)mentos chega ao campus de Ourense para amosar a conexión entre o corpo, a natureza e a paisaxe.
Composta por imaxes das residencias artísticas en A Casa Vella (Amiadoso, Allariz), esta mostra reúne unha selección de instantáneas captadas por Rubén Vilanova que revelan a poesía do movemento en diálogo co territorio.
📍 Entrada do Edificio de Ferro — Campus de Ourense
📅 Desde o luns, exposición aberta ao público
Un convite a ver o corpo como parte da paisaxe e a arte como camiño para repensar o vínculo entre cultura e natureza.




Comments