Novembro con Música
O programa Novembro con Música volve de novo a Carballo con propostas variadas.
Entre o 14 e o 28 do mes de novembro haberá oito actuacións que van desde o jazz á música clásica, pasando polo folk, o pop-rock ou a música coral, con nomes coñecidos dentro do panorama galego e outras agrupacións musicais do municipio.
Tamén haberá espazo para outras actividades complementarias como o teatro, roteiro guiado, cinema documental, un magosto ou arte e fotografía. Todas as citas son de entrada libre ata completar aforo.
A programación abrirá con música clásica o venres 14 de novembro, co concerto de Xoán Montes ao piano na Casa de Cultura (21.00 horas).
O xoves 20 será a quenda da música folk da man de Ialma.
Ao día seguinte, o venres 21 de novembro,a programación cambia de rexistro para mergullarse no jazz de Sumrrá.
O programa péchase o día 28 de novembro co concerto da cantante galega Uxía, que celebra os seus 40 anos de carreira con ‘Uxía, será por flores’.
O domingo 23 de novembro cunha masterclass de Técnica vocal no Pazo dá Cultura (11.30 horas)do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) impartida por Tania Caamaño.
O CMUS ofrece un concerto do seu Big Band o martes 25 de novembro, no Pazo da Cultura(20.00 horas).
Máis información:
https://carballo.gal/




Comments