Programa Arrolarte
ArrolARTE nace como un lugar de pausa e creación, un programa formativo en coidados que convida a aprender a coidarnos desde a arte, o corpo e a conciencia.
Nesta segunda edición,se propoñen seis obradoiros que se entrelazan coma un tecido: movemento, ciclo mesnstrual, respiración, forza, enerxía vital e creatividade.
Cada encontro é unha porta aberta a novas formas de conexión:
-Arrolar no ciclo, para recoñecer os ritmos do corpo e acompañalos con respecto.
Data:26/11/2025. Hora: 11:30h. Lugar: Sala Multiusos, 1º Andar. Campus de Ferrol.
-Arrolar no movemento, para deixar que a música e o corpo dialoguen. Un espazo para escoitar o corpo a través da música e o xesto.
-Arrolar na respiración, para atopar calma e presenza no cotián.Un convite a parar, sentir e respirar con conciencia
-Arrolar na forza, para activar o empoderamento e os límites desde a autodefensa feminista.
-Arrolar na enerxía vital, para redescubrir o pracer de alimentarnos con conciencia.
-Arrolar na creatividade, para expresarnos e coidarnos a través da arte.
Formulario de inscrición
*As vítimas de violencia de xénero terán prioridade en todas as actividades.
As persoas que realicen algunha proposta formativa recibirán un certificado acreditativo asinado pola Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade da UDC.
Máis información:
www.udc.gal




Comments