21ª Edición do Premio Internacional “Jesús Núñez” de Arte Gráfica
A Deputación da Coruña convoca este certame internacional dotado cun primeiro premio de 6.500 € e bolsas de formación, co obxectivo de apoiar a creación artística no eido da arte gráfica contemporánea.
Requisitos:
-
Persoas maiores de idade de calquera nacionalidade.
-
Non ter gañado este premio nos últimos cinco anos.
-
Presentar un máximo dunha obra orixinal e inédita (non premiada noutros concursos) cunha antigüidade máxima de tres anos.
-
Técnicas admitidas: Gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.
-
Medidas: O papel non excederá de 115x78 cm e a mancha impresa será, como mínimo, de 28x28 cm. Grosor máximo de 1 cm.
Prazo: O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 10 de febreiro de 2026 e rematará o 10 de abril de 2026.
Solicitudes: O procedemento consta de dúas partes diferenciadas:
-
Tramitación administrativa: Presentación da solicitude e documentación (currículo, ficha técnica e foto) preferentemente a través da sede electrónica da Deputación da Coruña.
-
Envío da obra: A obra física deberá enviarse á Fundación CIEC (Betanzos) indicando no exterior "Premio Internacional Jesús Núñez".
Máis información:
-
BOP da Coruña núm. 233 (04/12/2025).
-
Sede electrónica da Deputación da Coruña.
-
Fundación CIEC: premio@fundacionciec.com




Comments