Ir o contido principal
jesus

21ª Edición do Premio Internacional “Jesús Núñez” de Arte Gráfica

A Deputación da Coruña convoca este certame internacional dotado cun primeiro premio de 6.500 € e bolsas de formación, co obxectivo de apoiar a creación artística no eido da arte gráfica contemporánea.

Requisitos:

  • Persoas maiores de idade de calquera nacionalidade.

  • Non ter gañado este premio nos últimos cinco anos.

  • Presentar un máximo dunha obra orixinal e inédita (non premiada noutros concursos) cunha antigüidade máxima de tres anos.

  • Técnicas admitidas: Gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.

  • Medidas: O papel non excederá de 115x78 cm e a mancha impresa será, como mínimo, de 28x28 cm. Grosor máximo de 1 cm.

Prazo: O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 10 de febreiro de 2026 e rematará o 10 de abril de 2026.

Solicitudes: O procedemento consta de dúas partes diferenciadas:

  1. Tramitación administrativa: Presentación da solicitude e documentación (currículo, ficha técnica e foto) preferentemente a través da sede electrónica da Deputación da Coruña.

  2. Envío da obra: A obra física deberá enviarse á Fundación CIEC (Betanzos) indicando no exterior "Premio Internacional Jesús Núñez".

Máis información:

 

Comments