Concurso de deseño do cartel para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026
O Concello de Ortigueira convoca o certame para seleccionar a imaxe oficial e as adaptacións gráficas da vindeira edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026.
Requisitos e participantes:
-
Aberto a persoas físicas ou xurídicas de calquera nacionalidade, individualmente ou en equipo.
-
As obras deben ser orixinais e inéditas. Non se permite o uso de Intelixencia Artificial (IA).
-
Formato vertical de 100 cm de alto x 70 cm de ancho.
-
Presentación obrigatoria en soporte impreso (montado sobre cartón pluma ou soporte ríxido sen marco) e copia dixital en pen-drive (ficheiros editables e JPG/TIFF de alta calidade).
-
O tema é libre pero relacionado co Festival. Pódese consultar a imaxe corporativa na web do evento.
Premios:
-
1º Premio: 4.000 € (Cartel gañador).
-
2º Premio: 1.000 €.
-
3º Premio: 700 €.
Prazo de presentación:
30 días naturais contados a partir da publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia (ata o 9 de xaneiro de 2026 aproximadamente, dado que o anuncio é do 10 de decembro).
Solicitudes:
Os traballos presentaranse ou enviaranse debidamente embalados ao Rexistro Xeral do Concello de Ortigueira. Deberán ser anónimos, identificados cun lema e catro números aleatorios na parte traseira, achegando un sobre pechado cos datos persoais e a documentación administrativa requirida.
Máis información:
-
BOP da Coruña (Publicación 10 decembro 2025)
-
Web do Festival de Ortigueira
-
Correo electrónico: cartel@festivaldeortigueira.com




Comments