Ir o contido principal
festival

Concurso de deseño do cartel para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

O Concello de Ortigueira convoca o certame para seleccionar a imaxe oficial e as adaptacións gráficas da vindeira edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026.

Requisitos e participantes:

  • Aberto a persoas físicas ou xurídicas de calquera nacionalidade, individualmente ou en equipo.

  • As obras deben ser orixinais e inéditas. Non se permite o uso de Intelixencia Artificial (IA).

  • Formato vertical de 100 cm de alto x 70 cm de ancho.

  • Presentación obrigatoria en soporte impreso (montado sobre cartón pluma ou soporte ríxido sen marco) e copia dixital en pen-drive (ficheiros editables e JPG/TIFF de alta calidade).

  • O tema é libre pero relacionado co Festival. Pódese consultar a imaxe corporativa na web do evento.

Premios:

  • 1º Premio: 4.000 € (Cartel gañador).

  • 2º Premio: 1.000 €.

  • 3º Premio: 700 €.

Prazo de presentación:

30 días naturais contados a partir da publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia (ata o 9 de xaneiro de 2026 aproximadamente, dado que o anuncio é do 10 de decembro).

Solicitudes:

Os traballos presentaranse ou enviaranse debidamente embalados ao Rexistro Xeral do Concello de Ortigueira. Deberán ser anónimos, identificados cun lema e catro números aleatorios na parte traseira, achegando un sobre pechado cos datos persoais e a documentación administrativa requirida.

Máis información:

 

Comments