Premios para Rondallas e Ranchos de Reis no Concello de Redondela
O Concello de Redondela convoca premios económicos destinados ás agrupacións musicais tradicionais que participen na programación da festividade de Reis do ano 2026.
Requisitos:
-
Actuación: É imprescindible que as agrupacións actúen, como mínimo, unha vez diante da Casa do Concello.
-
Tipoloxía de agrupacións:
-
Adultos: Grupo superior a 5 persoas maiores de 16 anos.
-
Mixtas: Grupo superior a 20 persoas (mínimo 10 alumnos/as do centro e 10 pais/nais/profesorado).
-
Infantís: Grupo superior a 8 persoas menores de 16 anos.
-
-
Importe: Cada Rondalla participante recibirá un premio de 500,00 € (cun crédito total de 3.000 €; se se supera, repartirase proporcionalmente).
Prazos:
-
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 26 de decembro de 2025.
Solicitudes:
-
Deberán entregarse seguindo os modelos dos anexos que acompañan á convocatoria.
-
A tramitación pode consultarse na Sede Electrónica do Concello ou na Base de Datos Nacional de Subvencións.
Máis información:
-
Sede Electrónica: Concello de Redondela




Comments