Ir o contido principal
rondallas

Premios para Rondallas e Ranchos de Reis no Concello de Redondela

O Concello de Redondela convoca premios económicos destinados ás agrupacións musicais tradicionais que participen na programación da festividade de Reis do ano 2026.

Requisitos:

  • Actuación: É imprescindible que as agrupacións actúen, como mínimo, unha vez diante da Casa do Concello.

  • Tipoloxía de agrupacións:

    • Adultos: Grupo superior a 5 persoas maiores de 16 anos.

    • Mixtas: Grupo superior a 20 persoas (mínimo 10 alumnos/as do centro e 10 pais/nais/profesorado).

    • Infantís: Grupo superior a 8 persoas menores de 16 anos.

  • Importe: Cada Rondalla participante recibirá un premio de 500,00 € (cun crédito total de 3.000 €; se se supera, repartirase proporcionalmente).

Prazos:

  • O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 26 de decembro de 2025.

Solicitudes:

  • Deberán entregarse seguindo os modelos dos anexos que acompañan á convocatoria.

  • A tramitación pode consultarse na Sede Electrónica do Concello ou na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Máis información:

Comments