Skip to main content
premios

Premio Rosalía de Castro de Lingua 2026 da Deputación da Coruña

A convocatoria do Premio Rosalía de Castro da Lingua está destinada a recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas individuais, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico da lingua galega, quer no ámbito da provincia, quer a nivel galego. Será especialmente significativo o traballo cos sectores de especial relevancia para o futuro do noso idioma.

Poderá ser candidatada calquera persoa, entidade ou proxecto comprometido coa promoción e dignificación do patrimonio lingüístico da lingua galega, quer no ámbito provincial como no galego. Poderanse presentar candidaturas doutras edicións que non foran premiadas.

O prazo de presentación de candidaturas iniciarase ao día seguinte do que se publiquen estas bases no Boletín Oficial da Provincia e finalizará ás 14:00 h do 30 de abril de 2026.

Para máis información consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/22/2026_0000000255.html

Comments