Skip to main content
teatro

Ciclo Domingos a escena 2026 no Concello de Ferrol

No exercicio da competencia municipal de promoción da cultura, concretamente das artes escénicas, ofértase o acceso de balde aos veciños e veciñas de Ferrol a un ciclo de representacións teatrais.

Este ciclo de representacións teatrais levarase a cabo a través de compañías de teatro amador.

Sendo o fin perseguido a prestación de servizos culturais para os cidadáns de Ferrol, a relación entre este Concello e as asociacións de teatro amador teñen o carácter de relación onerosa suxeita á prestación e contraprestación.

Poderán participar neste ciclo as compañías de teatro amador legalmente constituídas.

O prazo para formalizar as solicitudes será de DEZ (10) días a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria deste ciclo, segundo o modelo anexo a estas bases.

Para máis información consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/28/2026_0000000403.html

Comments