Skip to main content

Poio abre o proceso para crear unha lista de reserva de Técnico/a de Administración Xeral (A1)

O Concello de Poio vén de aprobar a convocatoria para a confección dunha lista de reserva destinada á cobertura interina de prazas de Técnico/a de Administración Xeral, encadradas no Grupo A, Subgrupo A1.

A convocatoria foi aprobada mediante o acordo número 23628 da Xunta de Goberno Local, de data 13 de xaneiro de 2026, co obxectivo de atender futuras necesidades temporais de persoal nesta categoría.

Datos principais da convocatoria

  • Posto: Técnico/a de Administración Xeral

  • Grupo/Subgrupo: A1

  • Tipo de provisión: cobertura interina mediante lista de reserva

  • Sistema: proceso selectivo segundo bases xerais e específicas

Presentación de solicitudes

  • Prazo: 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra

  • Forma de presentación: preferentemente a través da Sede Electrónica do Concello de Poio

As bases xerais e específicas da convocatoria poden consultarse no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica e na sección de emprego do portal de transparencia do Concello de Poio, accesibles a través da web municipal www.concellopoio.gal.

Comments