Poio abre o proceso para crear unha lista de reserva de Técnico/a de Administración Xeral (A1)
O Concello de Poio vén de aprobar a convocatoria para a confección dunha lista de reserva destinada á cobertura interina de prazas de Técnico/a de Administración Xeral, encadradas no Grupo A, Subgrupo A1.
A convocatoria foi aprobada mediante o acordo número 23628 da Xunta de Goberno Local, de data 13 de xaneiro de 2026, co obxectivo de atender futuras necesidades temporais de persoal nesta categoría.
Datos principais da convocatoria
-
Posto: Técnico/a de Administración Xeral
-
Grupo/Subgrupo: A1
-
Tipo de provisión: cobertura interina mediante lista de reserva
-
Sistema: proceso selectivo segundo bases xerais e específicas
Presentación de solicitudes
-
Prazo: 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
-
Forma de presentación: preferentemente a través da Sede Electrónica do Concello de Poio
As bases xerais e específicas da convocatoria poden consultarse no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica e na sección de emprego do portal de transparencia do Concello de Poio, accesibles a través da web municipal www.concellopoio.gal.




Comments