Skip to main content

O Concello de Meis convoca tres prazas incluídas na Oferta de Emprego Público 2023

O Concello de Meis publicou as bases reguladoras de tres procesos selectivos incluídos na Oferta de Emprego Público do ano 2023, destinados á cobertura de prazas de persoal funcionario e persoal laboral fixo, todas elas en quenda libre, así como á constitución das correspondentes listaxes de agarda.

📌 Convocatorias abertas

1. Administrativo/a de Administración Xeral

  • Prazas: 1

  • Réxime: Persoal funcionario de carreira

  • Grupo/Subgrupo: C / C1

  • Sistema selectivo: Concurso-oposición

  • Escala/Subescala: Administración xeral / Administrativa

  • Oferta de Emprego Público: 2023

2. Ordenanza (Subalterno/a)

  • Prazas: 1

  • Réxime: Persoal laboral fixo

  • Grupo: V

  • Área: Oficinas xerais

  • Sistema selectivo: Concurso-oposición

  • Oferta de Emprego Público: 2023

3. Limpador/a

  • Prazas: 1

  • Réxime: Persoal laboral fixo

  • Grupo: V

  • Área: Obras e servizos

  • Sistema selectivo: Concurso

  • Oferta de Emprego Público: 2023

🗓 Prazo de presentación de solicitudes

  • 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

📄 Publicación das bases e anuncios

  • As bases íntegras están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Meis:
    👉 https://meis.sedelectronica.gal

  • Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na sede electrónica municipal.

As convocatorias foron aprobadas por Decretos da Alcaldía de data 29 de decembro de 2025.

Comments