O Concello de Meis convoca tres prazas incluídas na Oferta de Emprego Público 2023
O Concello de Meis publicou as bases reguladoras de tres procesos selectivos incluídos na Oferta de Emprego Público do ano 2023, destinados á cobertura de prazas de persoal funcionario e persoal laboral fixo, todas elas en quenda libre, así como á constitución das correspondentes listaxes de agarda.
📌 Convocatorias abertas
1. Administrativo/a de Administración Xeral
-
Prazas: 1
-
Réxime: Persoal funcionario de carreira
-
Grupo/Subgrupo: C / C1
-
Sistema selectivo: Concurso-oposición
-
Escala/Subescala: Administración xeral / Administrativa
2. Ordenanza (Subalterno/a)
-
Prazas: 1
-
Réxime: Persoal laboral fixo
-
Grupo: V
-
Área: Oficinas xerais
-
Sistema selectivo: Concurso-oposición
3. Limpador/a
-
Prazas: 1
-
Réxime: Persoal laboral fixo
-
Grupo: V
-
Área: Obras e servizos
-
Sistema selectivo: Concurso
🗓 Prazo de presentación de solicitudes
-
20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
📄 Publicación das bases e anuncios
-
As bases íntegras están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Meis:
👉 https://meis.sedelectronica.gal -
Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na sede electrónica municipal.
As convocatorias foron aprobadas por Decretos da Alcaldía de data 29 de decembro de 2025.




Comments