Subvencións para festivais audiovisuais na provincia de Pontevedra 2026
A Deputación de Pontevedra convoca axudas por un importe total de 200.000 € dirixidas a entidades sen fins de lucro para o apoio e organización de festivais ou certames cinematográficos na provincia durante o 2026.
Requisitos
-
Beneficiarios: Entidades sen fins de lucro con domicilio fiscal na provincia de Pontevedra e ao corrente das obrigas tributarias.
-
Antigüidade: O festival debe levar un mínimo de catro edicións consecutivas anteriores a esta convocatoria.
-
Formato do evento:
-
Realizarse na provincia de Pontevedra durante o ano 2026.
-
Duración mínima de catro xornadas e realizar polo menos 20 proxeccións.
-
Incluír na programación un mínimo de cinco sesións ou un 10 % de títulos de produción ou dirección galega.
-
Incluír actividades paralelas educativas ou formativas.
-
-
Lingua: Empregar o galego, como mínimo, na comunicación e no desenvolvemento das actividades paralelas.
Prazos
-
Presentación de solicitudes: O prazo será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
-
Xustificación: O prazo para xustificar a axuda remata o 31 de xaneiro de 2027.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, utilizando o sistema Cl@ve ou certificado electrónico.
Máis información
-
Sede electrónica: https://sede.depo.gal
-
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra: Acceso ao BOPPO




Comments