Ir o contido principal
audiovisual

Subvencións para festivais audiovisuais na provincia de Pontevedra 2026

A Deputación de Pontevedra convoca axudas por un importe total de 200.000 € dirixidas a entidades sen fins de lucro para o apoio e organización de festivais ou certames cinematográficos na provincia durante o 2026.

Requisitos

  • Beneficiarios: Entidades sen fins de lucro con domicilio fiscal na provincia de Pontevedra e ao corrente das obrigas tributarias.

  • Antigüidade: O festival debe levar un mínimo de catro edicións consecutivas anteriores a esta convocatoria.

  • Formato do evento:

    • Realizarse na provincia de Pontevedra durante o ano 2026.

    • Duración mínima de catro xornadas e realizar polo menos 20 proxeccións.

    • Incluír na programación un mínimo de cinco sesións ou un 10 % de títulos de produción ou dirección galega.

    • Incluír actividades paralelas educativas ou formativas.

  • Lingua: Empregar o galego, como mínimo, na comunicación e no desenvolvemento das actividades paralelas.

Prazos

  • Presentación de solicitudes: O prazo será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

  • Xustificación: O prazo para xustificar a axuda remata o 31 de xaneiro de 2027.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, utilizando o sistema Cl@ve ou certificado electrónico.

Máis información

Comments