A Deputación de Pontevedra convoca a terceira edición do Plan +Xuventude para impulsar proxectos sociais da mocidade en 2026
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras da terceira convocatoria do Plan +Xuventude, unha liña de axudas destinada a apoiar iniciativas de interese social promovidas pola mocidade da provincia ao longo do ano 2026.
Obxectivo da convocatoria
-
Impulsar a participación activa da xuventude no desenvolvemento social, cultural, económico e ambiental da provincia.
-
Fomentar o apoderamento xuvenil, a formación en valores e os hábitos de vida saudables.
-
Contribuír ao reto demográfico, especialmente no ámbito rural.
Persoas e entidades beneficiarias
-
Asociacións xuvenís sen ánimo de lucro con sede ou delegación na provincia de Pontevedra.
-
Grupos informais de entre 3 e 8 persoas, de 18 a 35 anos, aínda que non teñan personalidade xurídica.
-
O 75 % das persoas integrantes dos grupos informais deberán estar empadroadas na provincia.
Dotación económica
-
Orzamento total: 120.000 euros.
-
Importe máximo por proxecto: 5.000 euros.
Ámbitos de actuación
Os proxectos deberán encadrarse nalgunha destas áreas:
-
Saúde, benestar e prevención de riscos.
-
Cultura, ciencia e innovación.
-
Participación xuvenil, asociacionismo e voluntariado.
-
Desenvolvemento rural e reto demográfico.
-
Protección do medio e loita contra o cambio climático.
Prazo e presentación de solicitudes
-
Do 16 de febreiro ao 13 de marzo de 2026.
-
As solicitudes presentaranse exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.
Avaliación e concesión
-
As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva.
-
Será necesaria unha puntuación mínima de 50 puntos.
-
Valorarase especialmente a calidade do proxecto, o impacto social, a innovación e a participación xuvenil.




Comments