Ir o contido principal
bolsas

A Deputación de Pontevedra convoca a terceira edición do Plan +Xuventude para impulsar proxectos sociais da mocidade en 2026

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras da terceira convocatoria do Plan +Xuventude, unha liña de axudas destinada a apoiar iniciativas de interese social promovidas pola mocidade da provincia ao longo do ano 2026.

Obxectivo da convocatoria

  • Impulsar a participación activa da xuventude no desenvolvemento social, cultural, económico e ambiental da provincia.

  • Fomentar o apoderamento xuvenil, a formación en valores e os hábitos de vida saudables.

  • Contribuír ao reto demográfico, especialmente no ámbito rural.

Persoas e entidades beneficiarias

  • Asociacións xuvenís sen ánimo de lucro con sede ou delegación na provincia de Pontevedra.

  • Grupos informais de entre 3 e 8 persoas, de 18 a 35 anos, aínda que non teñan personalidade xurídica.

  • O 75 % das persoas integrantes dos grupos informais deberán estar empadroadas na provincia.

Dotación económica

  • Orzamento total: 120.000 euros.

  • Importe máximo por proxecto: 5.000 euros.

Ámbitos de actuación

Os proxectos deberán encadrarse nalgunha destas áreas:

  • Saúde, benestar e prevención de riscos.

  • Cultura, ciencia e innovación.

  • Participación xuvenil, asociacionismo e voluntariado.

  • Desenvolvemento rural e reto demográfico.

  • Protección do medio e loita contra o cambio climático.

Prazo e presentación de solicitudes

  • Do 16 de febreiro ao 13 de marzo de 2026.

  • As solicitudes presentaranse exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Avaliación e concesión

  • As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva.

  • Será necesaria unha puntuación mínima de 50 puntos.

  • Valorarase especialmente a calidade do proxecto, o impacto social, a innovación e a participación xuvenil.

BOPPO

Comments