Vigo convoca 50 bolsas para estancias lingüísticas no estranxeiro en 2026
O Concello de Vigo abriu a convocatoria das Bolsas “Concello de Vigo” para estancias lingüísticas no estranxeiro 2026, dirixidas ao alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV).
En total concederanse 50 bolsas, cun orzamento global de 88.750 euros, para realizar estadías de dúas semanas en Reino Unido, Irlanda, Francia, Alemaña ou Austria, Italia, Portugal, Xapón e China.
As axudas cubrirán curso intensivo, matrícula, viaxe, aloxamento e seguro. Poderán solicitalas persoas maiores de idade empadroadas en Vigo e matriculadas na EOIV no curso 2025-2026.
O prazo de solicitude será de 10 días hábiles desde a publicación no BOPPO e deberá tramitarse a través da aplicación en liña do Concello.




Comments