Skip to main content
doutorado

Axudas para o programa de Doutoramentos Industriais 2026

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas para a formación de doutores/as mediante proxectos de investigación industrial realizados en colaboración entre empresas e universidades do SUG.

Requisitos

  • Para as entidades: Empresas e centros de innovación/tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia (mínimo un ano de antigüidade) e universidades públicas do SUG.

  • Para as persoas candidatas:

    • Nacionalidade dun Estado membro da UE (ou permisos de permanencia en vigor).

    • Estar matriculado/a ou admitido/a nun programa de doutoramento para o curso 2025/26 ou 2026/27.

    • Título de grao ou equivalente finalizado despois do 1 de xaneiro de 2022 (con excepcións por conciliación ou discapacidade).

    • Nota media mínima de 7 (ou 6 en Enxeñaría, Arquitectura ou casos de discapacidade).

    • Non estar en posesión do título de doutor/a.

Prazos

  • Presentación de solicitudes: Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

  • Duración da axuda: Máximo de 4 anos.

Solicitudes

A presentación realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), baixo o código de procedemento IN606D.

Máis información

Comments