Axudas para o programa de Doutoramentos Industriais 2026
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas para a formación de doutores/as mediante proxectos de investigación industrial realizados en colaboración entre empresas e universidades do SUG.
Requisitos
-
Para as entidades: Empresas e centros de innovación/tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia (mínimo un ano de antigüidade) e universidades públicas do SUG.
-
Para as persoas candidatas:
-
Nacionalidade dun Estado membro da UE (ou permisos de permanencia en vigor).
-
Estar matriculado/a ou admitido/a nun programa de doutoramento para o curso 2025/26 ou 2026/27.
-
Título de grao ou equivalente finalizado despois do 1 de xaneiro de 2022 (con excepcións por conciliación ou discapacidade).
-
Nota media mínima de 7 (ou 6 en Enxeñaría, Arquitectura ou casos de discapacidade).
-
Non estar en posesión do título de doutor/a.
-
Prazos
-
Presentación de solicitudes: Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.
-
Duración da axuda: Máximo de 4 anos.
Solicitudes
A presentación realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), baixo o código de procedemento IN606D.
Máis información
-
Convocatoria oficial: DOG (Orde do 19 de decembro de 2025)
-
Web da Axencia Galega de Innovación: gain.xunta.gal
-
Contacto: Sede electrónica ou departamentos de investigación das universidades do SUG.




Comments