Curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais en Sada
As concellerías de Emprego e de Xuventude de Sada programan un curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais impartido pola FESSGA.
Requisitos
-
Idade: Ter entre 18 e 30 anos (inclusive).
-
Titulación: Estar en posesión do título de Graduado en ESO ou equivalente.
-
Proba de acceso: Superar a proba práctica (domingo 8 de marzo ás 11:00 h).
-
Preferencia: Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Sada.
Prazos
-
Inscrición: Do 16 de febreiro ao 6 de marzo de 2026.
-
Datas do curso: Fins de semana de marzo, abril e maio de 2026.
Solicitudes
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario en liña na web municipal de Sada, achegando a seguinte documentación:
-
Datos persoais e de contacto.
-
Fotografía tamaño carné e fotocopia do DNI.
-
Copia do título académico.
-
Aboamento da taxa de 100 € (35 € corresponden á proba de acceso non reembolsable).
Máis información
-
Lugar: Aula de formación do Polideportivo, Piscina Municipal e Praia de Cirro.
-
Web: Concello de Sada




Comments