A Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra convocan a cuarta edición dos Premios #Mulleres que Opinan
A Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra convocan a cuarta edición dos Premios #Mulleres que Opinan, co obxectivo de promover o exercicio da opinión xornalística por parte de mulleres profesionais do xornalismo, animar e impulsar a escrita nas mulleres máis novas e fomentar o nacemento dunha nova canteira de mulleres opinadoras.
Haberá dous premios de 1.000 euros cada un, un para o mellor artigo de opinión en galego e outro para o mellor artigo de opinión en castelán. Os artigos gañadores serán publicados nos principais xornais da provincia de Pontevedra.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto do 16 de marzo ao 10 de abril de 2026.




Comments