Selección dun oficial de 1ª condutor en Ribeira de Piquín
O Concello de Ribeira de Piquín convoca o proceso de selección para a contratación laboral temporal dun oficial de 1ª condutor a xornada completa durante seis meses.
Requisitos
-
Posuír a nacionalidade española ou dalgún Estado membro da UE.
-
Ter feitos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
-
Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas de condutor.
-
Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública.
-
Cumprir as condicións específicas detalladas nas bases xerais do programa "Reforzo do Emprego 2026".
Prazos
O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo.
Solicitudes
As instancias dirixiranse ao Alcalde e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ribeira de Piquín, en horario de oficina (09:00 a 14:00 horas), ou polos medios previstos na lei de procedemento administrativo.
Máis información
-
Consulta presencial nas oficinas municipais en horario de atención ao público.




Comments