Ir o contido principal

Selección dun oficial de 1ª condutor en Ribeira de Piquín

O Concello de Ribeira de Piquín convoca o proceso de selección para a contratación laboral temporal dun oficial de 1ª condutor a xornada completa durante seis meses.

Requisitos

  • Posuír a nacionalidade española ou dalgún Estado membro da UE.

  • Ter feitos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

  • Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas de condutor.

  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública.

  • Cumprir as condicións específicas detalladas nas bases xerais do programa "Reforzo do Emprego 2026".

Prazos

O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo.

Solicitudes

As instancias dirixiranse ao Alcalde e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ribeira de Piquín, en horario de oficina (09:00 a 14:00 horas), ou polos medios previstos na lei de procedemento administrativo.

Máis información

Comments