Selección dun/unha chofer para o tractor rozadoira na Teixeira
O Concello da Teixeira convoca o proceso de selección para a contratación laboral temporal dun/unha chofer para o tractor rozadoira cunha duración de 12 meses.
Requisitos
-
Posuír a nacionalidade española ou dalgún Estado membro da UE.
-
Ter feitos os 18 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
-
Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas do posto.
-
Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública.
-
Estar en posesión das titulacións ou permisos específicos que se detallen nas bases da convocatoria.
Prazos
O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Ourense. Se o último día fose festivo ou sábado, o prazo rematará o seguinte día hábil.
Solicitudes
As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Teixeira (de 09:00 a 14:00 horas) ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015. No caso de non presentala no rexistro municipal, deberase comunicar por correo electrónico a: concello@ateixeira.gal.
Máis información
-
Consulta presencial nas oficinas municipais en horario de oficina.




Comments