Ir o contido principal

Selección dun/unha chofer para o tractor rozadoira na Teixeira

O Concello da Teixeira convoca o proceso de selección para a contratación laboral temporal dun/unha chofer para o tractor rozadoira cunha duración de 12 meses.

Requisitos

  • Posuír a nacionalidade española ou dalgún Estado membro da UE.

  • Ter feitos os 18 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

  • Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas do posto.

  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública.

  • Estar en posesión das titulacións ou permisos específicos que se detallen nas bases da convocatoria.

Prazos

O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Ourense. Se o último día fose festivo ou sábado, o prazo rematará o seguinte día hábil.

Solicitudes

As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Teixeira (de 09:00 a 14:00 horas) ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015. No caso de non presentala no rexistro municipal, deberase comunicar por correo electrónico a: concello@ateixeira.gal.

Máis información

Comments