Bolsa de emprego para técnicos/as de Medio Ambiente en Nigrán
O Concello de Nigrán abre unha convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego destinada á provisión temporal de postos de técnico/a de Medio Ambiente (Subgrupo A2).
Requisitos
-
Posuír a nacionalidade española ou dalgún Estado membro da UE.
-
Ter feitos os 16 anos e non exceder da idade de xubilación forzosa.
-
Estar en posesión da titulación universitaria requirida para o Subgrupo A2 (Escala de Administración Especial).
-
Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
-
Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública.
Prazos
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse na forma sinalada nas bases reguladoras, preferiblemente a través da sede electrónica do Concello de Nigrán ou polos medios previstos na lei de procedemento administrativo.
Máis información
-
Sede electrónica do Concello de Nigrán (Taboleiro de anuncios)
-
Consulta das bases completas nas oficinas municipais.




Comments