Ir o contido principal

Bolsa de emprego para técnicos/as de Medio Ambiente en Nigrán

O Concello de Nigrán abre unha convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego destinada á provisión temporal de postos de técnico/a de Medio Ambiente (Subgrupo A2).

Requisitos

  • Posuír a nacionalidade española ou dalgún Estado membro da UE.

  • Ter feitos os 16 anos e non exceder da idade de xubilación forzosa.

  • Estar en posesión da titulación universitaria requirida para o Subgrupo A2 (Escala de Administración Especial).

  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública.

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse na forma sinalada nas bases reguladoras, preferiblemente a través da sede electrónica do Concello de Nigrán ou polos medios previstos na lei de procedemento administrativo.

Máis información

Comments