Skip to main content

Oposición para 3 prazas de peón no Concello de Marín

O Concello de Marín publica as bases para cubrir, mediante o sistema de oposición, tres prazas de peóns de servizos especiais pertencentes ás Ofertas de Emprego Público de 2023 e 2025.

Requisitos

  • Nacionalidade: Española ou dalgún Estado membro da UE.

  • Idade: Ter feitos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.

  • Titulación: Non se esixe ningunha titulación académica específica.

  • Capacidade: Posuír a capacidade funcional necesaria para as tarefas do posto.

  • Taxas: Aboar os dereitos de exame (agás persoas desempregadas que non cobren prestación).

  • Lingua: Acreditar o Celga 2 ou realizar a proba correspondente.

Prazos O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Solicitudes As instancias presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Marín. Tamén poderán presentarse por calquera das formas previstas na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común.

Máis información

Comments