Oposición para 3 prazas de peón no Concello de Marín
O Concello de Marín publica as bases para cubrir, mediante o sistema de oposición, tres prazas de peóns de servizos especiais pertencentes ás Ofertas de Emprego Público de 2023 e 2025.
Requisitos
-
Nacionalidade: Española ou dalgún Estado membro da UE.
-
Idade: Ter feitos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.
-
Titulación: Non se esixe ningunha titulación académica específica.
-
Capacidade: Posuír a capacidade funcional necesaria para as tarefas do posto.
-
Taxas: Aboar os dereitos de exame (agás persoas desempregadas que non cobren prestación).
-
Lingua: Acreditar o Celga 2 ou realizar a proba correspondente.
Prazos O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Solicitudes As instancias presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Marín. Tamén poderán presentarse por calquera das formas previstas na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común.
Máis información
-
Teléfono do Concello: 986 88 10 00




Comments