Skip to main content
sistema dinamización comercio

Subvención para a dinamización comercial no Concello de Ferrol

Ten por obxecto establecer as normas específicas, no marco da Ordenanza Xeral de Subvención deste Concello, que rexerá a convocatoria pública, en concorrencia competitiva, das axudas e subvencións dirixidas ao desenvolvemento de actuacións/programas de dinamización nos sectores do comercio, da hostalería, dos mercados municipais e do emprendemento para o ano 2026 dentro do termo municipal de Ferrol.

Como as condicións varían dependendo da liña de axuda desexada, pode revisalas bases en detalle.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/16/2026_0000001506.html

Comments