13ª Convocatoria Bolsas Eurolingua
Eurolingua Venairlanda convoca 20 bolsas para a realización de cursos de inglés en Irlanda de 2 semanas de duración, durante o verán de 2026, nun programa de inmersión lingüística dirixido a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou FP.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 16/04/2026
Requisitos:
- Ter nacido con anterioridade ao 31 decembro de 2011
- Ter nacionalidade de calquera país da UE
- Estar matriculado no curso escolar 2025-2026 en algún dos seguintes estudos: Bacharelato, ESO, Formación Profesional ou Titulación Universitaria oficial (grao, máster e/ou doutorado) en calquera punto de España.
- Ter una media do expediente académico de, polo menos, 6 puntos
- Non ter gozado desta bolsa con anterioridade
Remuneración / Custo:
A bolsa cubre o 100% dos gastos do Programa (agás o billete de avión de ida e volta ao lugar de destino do curso que correrá a conta de cada participante): aloxamento en familia ou residencia/apartamentos, programa de 20 clases de inglés semanais e material didáctico, programa de actividades culturais e visitas, supervisión por monitores de Eurolingua no destino.
Páxina web:
Contacto:
EuroLingua VenaIrlanda S.L.
C/ Huertas, 1-3, 1º B (15003 - A Coruña)
Tel.: 981 257 290 - 638 091 113 (whatsapp)
correo-e: info@becaseurolingua.com
*A solicitude desta bolsa será compatible con calquera outra bolsa xa solicitada para un curso de idiomas no estranxeiro. Chegado o caso de que ambas bolsas resultaran concedidas, será obrigatorio optar por unha delas.




Comments