Skip to main content
inclusión social

Axudas para inclusión social no Concello de Porto Do Son

Esta proposta ten por obxecto a convocatoria por parte do Concello de Porto do Son das axudas para a inclusión social e a cobertura de situacións de necesidade social (AISENS) para o ano 2026. A natureza destas axudas é de subvencións de carácter directo, e como tales, condicionadas ás dispoñibilidades económicas existentes no correspondente exercicio orzamentario.

Para participar, deben de reunirse os requisitos xerais e específicos que se mostran en detalle no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro do 2026 ou ata que se esgote o crédito dispoñible.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/18/2026_0000001607.html

Comments