Programa Conecta Galicia 2026
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publica a convocatoria para participar no programa Conecta co Voluntariado en Galicia, que ten por finalidade facilitarlles a 50 mozas e mozos galegas/os de diferentes procedencias un maior coñecemento da realidade galega a través da realización dun traballo desinteresado co patrimonio natural e cultural de Galicia e outras actividades complementarias,
Ofértanse un total de 50 prazas das que 40 prazas destínanse á mocidade de orixe galega residente no estranxeiro. As 10 prazas restantes ofértaas a Dirección Xeral de Xuventude para favorecer o contacto coa mocidade galega residente en Galicia.
Conecta co Voluntariado en Galicia é un programa dirixido fundamentalmente á mocidade galega residente no estranxeiro, con idades comprendidas entre os 22 e os 30 anos.
O programa pretende facilitarlles a todas as persoas participantes o enriquecemento persoal mediante a convivencia con outras mozas e mozos de idades e intereses similares e a participación en actividades variadas, entre as que destacan aquelas de carácter ambiental e cultural. E, en particular, proporcionarlles ás residentes no exterior a oportunidade de reforzar os lazos con Galicia e cos seus familiares que vivan nesta terra.
2. En función da tipoloxía das actuacións principais que se realicen durante o período destinado ao traballo desinteresado das persoas beneficiarias, dentro do programa ofértanse 20 prazas para cada un dos campos de traballo alternativos que se relacionan a seguir:
a) Campo de voluntariado ambiental: desenvolveranse tarefas de adecuación do espazo ambiental mariño e costeiro na ría de Arousa (provincia de Pontevedra) e desenvolverase entre os días 23 de xullo ao 3 de agosto do ano en curso.
b) Campo de voluntariado cultural: desenvolveranse tarefas de apoio ao equipo de escavación e mantemento do castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei (provincia de Lugo), e desenvolverase entre os días 26 de agosto ao 6 de setembro do ano en curso.
Prazo de presentación de solicitudes: do 2 de abril ao 4 de maio de 2026 (código de procedemento PR930C).
Máis información: DOG 01/04/2026




Comments