Bolsas para Deportistas Individuais no Concello Da Coruña
Extracto das bases da convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva de bolsas deportivas para deportistas individuais do Concello da Coruña 2026, aprobadas por resolución con data 17 de marzo de 2026 do concelleiro responsable de Deportes, por delegación da Xunta de Goberno Local.
Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas físicas de nacionalidade española que sexan deportistas federadas, en deporte individual, de calquera modalidade, especialidade e categoría, que cumpran ademáis as condicións específicas que nas bases en detalle aparecen.
As solicitudes de subvención deberanse presentar obrigatoriamente no formulario web da plataforma municipal establecido na sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gal na páxina web de deportes www.coruna.gal/deportes, no prazo de 10 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/01/2026_0000001912.html




Comments