Tres prazas de albaneis e unha de electricista no Concello de Carral
Convocatoria do proceso selectivo para a contratación de tres albaneis/obreiros e un electricista no Concello de Carral ao abeiro do programa PEL-Concellos 2026.
As persoas que cumpran tanto as condicións xerais coma as específicas poden presentarse.
Coa inserción deste anuncio iníciase o prazo para a presentación de solicitudes por parte das persoas interesadas e polas remitidas polo Servizo Público de Emprego. As bases íntegras estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios sito na sede electrónica do Concello de Carral: https://sede.carral.es.
Máis información no departamento de RRHH do Concello de Carral.




Comments