Artesanía de Galicia en Merza
O próximo sábado 11 de abril, coincidindo coa celebración dos 🎉Días Europeos da Artesanía, celebramos unha nova edición da feira Artesanía de Galicia en Merza, en colaboración con Eferro, no seu novo espazo de actividades culturais e lúdicas eferroGhalpón, en Merza (Vila de Cruces).
🔹Na edición do mes de abril participarán A Casa Rodante , Enxogate , Nobelo a nobelo , Pipa Pirita, Roberto Buchanan, Lumecú, Sanín Percusión tradicional e Celso Ferreiro.
🔹Horario de 11:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
🔹Sesión vermú con Eris Mackenzie a partir das 13:30h e un posto de comidas a cargo de Fartura.
Non o perdades!!
#artesaniadegaliciaenmerza #diasdaartesania




Comments